Radio Canedo é unha emisora de Radio Escolar que nace no ano 2023 no Ies 12 de Outubro en Ourense. O noso nome fai referencia o antigo concello de Canedo unha entidade municipal en Galicia, existindo dende 1836 ata 1943. Localizábase ao norte do río Miño na provincia de Ourense e comprendía parroquias como Arrabaldo, Beiro, Canedo, Cudeiro, O Castro de Beiro, Palmés, Santiago das Caldas, Untes e Vilar de Astrés. A súa capital era Ponte Canedo, parte da parroquia de Santiago das Caldas.
O logo fai alusión á estación de Canedo que comezou a funcionar en 1884. Estaba situada no solar onde hoxe se atopa o IES 12 de Outubro, o parque do Puente e parte do Blanco Amor. A estación foi un punto importante para a cidade ata que en 1952 se inaugurou a nova estación de Ourense-Empalme, o que levou ao peche da histórica estación de Canedo.
.jpg)