domingo, 25 de enero de 2026

OBRADOIRO DE RADIO CON CRISTINA COLLAZO






Tivemos o privilexio de contar no IES cun obradoiro de radio teatralizada impartido pola actriz Cristina Collazo unha profesional cunha sólida traxectoria nos escenarios galegos e no ámbito audiovisual.
Coa súa enerxía vibrante e a súa paixón pola interpretación, Berta conseguiu transformar a aula nun auténtico estudio creativo.

Paixón, voz e escena! O obradoiro foi unha explosión de creatividade e emoción. Alumnado entregado, historias que cobraron vida e unha experiencia que deixou pegada. Grazas, Cristina, por contaxiarnos a túa enerxía e facer da palabra un espectáculo.



martes, 1 de julio de 2025

ENTREVISTA COMITÉ MEMORIA HISTÓRICA CELANOVA



Fai unhas semanas visitamos o Mosteiro de San Salvador e cimiterio de San Breixo co comité de Memoria Histórica de Celanova. Un dos nosos guías foi Antonio Meléndez "Toño" que tivera preso ó seu pai no propio Mosteiro. Uns días despois Toño faleceu repentinamente...

Rendemos unha marabillosa homenaxe ó Comité de Celanova e os seus membros, Erik, Paz e Hixinio, e por enriba de todo a Toño entregando un ramo de 13 rosas para levarlle ó cemiterio. Foi emotivo, duro e fermoso a un tempo.
Rematamos a xornada gravando un podcast sobre memoria histórica.


martes, 17 de junio de 2025

LETRAS GALEGAS


Tendemos microrredes e desplazámonos ó Ceip A Inmaculada de Ourense para facer un programa adicado ás Cantareiras con nenos de 2º de Primaria. A experiencia foi indescriptible!.